A corporación municipal vén de aprobar na sesión plenaria de onte a adhesión á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), facendo así un chamamento ó respecto das persoas LGTBI e rexeitando os discursos de odio.
O consistorio tamén amosa nestas últimas xornadas a bandeira do colectivo, coma forma de visibilizar e apoiar o Día Internacional do Orgullo LGTBI, unha maneira de recordar a importancia de construír sociedades diversas e tolerantes.
Consulta a declaración institucional completa en PDF