No marco de Camiña pola Igualdade, a iniciativa para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, no municipio, o Concello organiza dúas rutas totalmente de balde para a veciñanza! As dúas realizaranse o sábado, 11 de marzo, arrancando e finalizando na Praza da Constitución de Ares, e precisarán de reserva previa.
RUTA 1 (Inicio ás 10:00 horas): Unha andaina que percorrerá parte da costa e interior aresáns cunha dificultade media-baixa e unha extensión de preto de 8 kilómetros. É só para maiores de 12 anos e están permitidas as mascotas!
RUTA 2 (Inicio ás 11:30 horas): Unha marcha urbana polo núcleo urbano da vila que transcorrerá en gran parte polo paseo marítimo da localidade. De dificultade baixa, é accesible para todas as persoas.
Preto das 12:00 horas, cando finalicen os dous percorridos, lerase un manifesto e entregaranse os agasallos conmemorativos da xornadas. Non dubides en inscribirte na seguinte ligazón: https://forms.gle/MYGZVtg1PWc5i3f29.
Podes consultar os percorridos sobre o mapa nas imaxes que deixamos aquí embaixo