BASES XERAIS QUE REXERÁN OS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS POLO CONCELLO DE ARES PARA CUBRIR AS PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2022
PRIMEIRA.- OBXECTO E CONTIDO.
Estas Bases Xerais teñen por obxecto regular os aspectos comúns dos procesos selectivos das convocatorias para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de ARES relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal, de conformidade co disposto Lei 20/2021, de 28 de diciembre, de medidas urxentes para a redución da temporalidadeno emprego público na súa disposición adicional sexta.
As especialidades de cada proceso selectivo (natureza e características dos postos, requisitos de titulación, baremación de méritos, …) serán obxecto de regulación nas bases específicas que se aprobarán para rexer cada convocatoria.
As presentes bases, así como as bases específicas de cada convocatoria, serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia, no Taboleiro de anuncios e na web do concello de ARES (https://www.concellodeares.com) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello de ARES. Os restantes anuncios que deriven dos procesos selectivos serán publicados no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
SEGUNDA.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Estas bases xerais rexerán os procesos selectivos para a estabilización de emprego temporal no concello de ARES que se convoquen segundo a Oferta de Emprego Público extraordinaria 2022, aprobada por Resolución de Alcaldía nº 2022-83, do 26 de maio de 2022 e publicada no BOP n.º 101do 30 de maio de 2022.
Rexeranse igualmente polo establecido nas correspondentes bases específicas e convocatorias.
Previamente á publicación de cada convocatoria, informarase ao traballador/a afectado polo proceso de estabilización que se vai a convocar a súa praza e de que pode participar no referido proceso de selección.
Así, o número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
PERSOAL LABORAL FIXO
Denominación do posto | Dot. | Tipo de contrato | Grupo | Acceso |
Educadora Social | 1 | Laboral Fixo | II | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo
(Depto. Servizos Xerais) |
1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo Centro 3ª idade (Depto. Servizos Sociais) |
1 |
Laboral Fixo |
IV |
Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo
(Ludoteca e Biblioteca) |
1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Administrativo Informático | 1 | Laboral Fixo | III | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo
(Juzgado de Paz) |
1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo (Ud. Urbanismo) | 1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo
(Depto. Xestión Económica) |
1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Auxiliar Administrativo
(Servizos Sociais) |
1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (Ud. Subvencións) |
1 |
Laboral Fixo |
II |
Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Capataz (Depto. Obras e Servizos Básicos) | 1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Oficial 1ª (Depto. Obras e Servizos Básicos) | 2 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Administrativo (Depto. Obras e Servizos Básicos, Ud.
Abastecemento de Auga) |
1 |
Laboral Fixo |
III |
Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Oficial 1ª (Depto. Obras e Servizos Básicos, Ud.
Abastecemento de Auga) |
2 |
Laboral Fixo |
IV |
Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Oficial 1ª (Servizos) | 1 | Laboral Fixo | IV | Concurso. DA 6ª e 8ª Lei 20/2021 |
Bases específicas por posto incluída na oferta de emprego público do Concello de ARES 2021 en pdf