O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Victoria Montenegro e Alma Barrón e Paula Fojo, presidenta do CIRS, puxeron fin á exposición dos cadros presentados e entregaron os premios aos gañadores desta nova edición do certame artístico: Manuel Carballeira Rivas, co seu cadro “Calma da mañanciña” (primeiro premio), Juan Manuel Álvarez Romero, coa súa obra “Náufrago” (mellor composición local) e os dous accésits, que pararon nas mans de Eduardo Pérez Baamonde, seleccionado polo seu cadro “Bungotech” e, finalmente, María Méndez Pérez de Arévalo con “El Jardín de Ofelia”.
Parabéns a todos os participantes e noraboa aos galardoados!!