Este sábado pasado tivemos a primeira das actividades da programación municipal do Nadal en Ares! A peza teatral “Unha obra para un barrio”

Comparte esta nota de prensa

Escrita e dirixida por Agustín Bolaños, chegou á Alianza Aresana da man da asociación sociocultural de Canido Muíño. Embaixo atoparedes algunhas das fotografías que nos deixou a súa representación!

Con todo, lembra que hoxe, 5 de decembro, preto das 17:30 horas, producirase a segunda iniciativa da Concellaría de Cultura: “Ilumina os teus desexos” no Parque Rosalía, ao carón da Ponte da Ciscada, onde se encenderán as luces navideñas e se colgarán os mellores desexos para o 2023 nunha das árbores próximas.

Pódeche interesar