Éxito de participación na XXVI Travesía a Nado Ría de Ares do pasado sábado!

Comparte esta nota de prensa

Este evento, que mantén o seu carácter popular e reúne a nadadores e nadadoras de diferentes idades e habilidades, demostrou unha vez máis a súa popularidade na nosa contorna.

O sábado pasado, levouse a cabo con gran éxito a XXVI Travesía a nado, un evento deportivo que contou coa participación de preto de 180 nadadores e nadadoras na nosa ría local. Afortunadamente, houbo un clima favorable durante toda a xornada, o que permitiu aos participantes gozar ao máximo desta experiencia.

Para garantir unha competición máis equitativa, do mesmo xeito que na edición anterior, apostouse por incluír un maior número de categorías, asegurando que todos os participantes teñan a oportunidade de competir en condicións xustas. Ademais, proporcionouse un completo avituallamiento para satisfacer as necesidades dos nadadores e nadadoras durante a travesía. Ao finalizar a competición, a concelleira de Deportes, Alma Barrón, fixo entrega dos premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría, así como aos gañadores absolutos masculino e feminino. Tamén se outorgaron recoñecementos especiais ao participante máis novo e ao de maior idade.

Este evento deportivo foi posible grazas á colaboración entre diferentes entidades, incluíndo o Concello, Serviocio, o Club Natación Ferrol, o Club Náutico Ría de Ares, Kaiak Redes e Protección Civil de Ares, que traballaron conxuntamente para asegurar o éxito e a seguridade da travesía.

Tempos da XVI Travesía a nado Ría de Ares 2023 en pdf

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,