Gustaríate experimentar o ritmo latino ou probar unha sesión de zumba ao aire libre?

Comparte esta nota de prensa

Aproveita esta última oportunidade, xa que entramos na última quincena, para unirte ás sesións que se levan a cabo na Praza da Constitución de Ares. Os martes, poderás gozar de bailes latinos, e os xoves, dunha sesión de zumba. O horario é de 20:30 a 21:30 horas.

Estas actividades forman parte da programación deportiva municipal VeraneAres 2023 e son gratuítas. Con todo, é importante que te inscribas previamente para asegurar o teu lugar. Podes facelo por xornada ata as 11:00 horas do día anterior chamando ao 981 448 057 ou visitando a Alianza Aresana, en horario de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Indianos na procura dun nome

Chegaron de alén mar, fixeron a súa parada en Ares no verán de 2024… e dende entón quedaron a vivir no municipio. O indiano e