Hoxe arranca o V Ares Indiano!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Xa están chegando os postos que se ubicarán no paseo marítimo, os negocios poñen en marcha a decoración de época e contaremos, ao longo do día, coas primeiras actividades da programación desta fin de semana:

  • ÁS 19:30 HORAS, inauguración da exposición “Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega, na Agrupación Instrutiva de Caamouco.
  • ÁS 20:00 HORAS, pasarrúas coa Charanga Os Celtas en Ares.
  • ÁS 20:30 HORAS, inauguración da exposición “Retratos de familia” de Delfín Vázquez, indiano aresán, na Alianza Aresana.
  • ÁS 21:30 HORAS, teatro da Cova dos Trasnos coa obra “O Trasno do Xuncal”na Praza da Constitución.
  • E, finalmente, ás 22:00 HORAS, novo Pasarrúas coa Charanga Os Celtas en Ares.

E vós, xa tedes todo listo para a nosa viaxe ó pasado?

 

Pódeche interesar