Hoxe mesmo, 1 de decembro, dá comezo o noso MercAres!!

Comparte esta nota de prensa

Os locais xa teñen os seus carteis e os vales rascas, que os identificarán coma negocios adheridos a esta campaña que desexa promover o consumo de proximidade. Unha iniciativa que xa alcanza a súa terceira edición, promovida dende a Concellaría de Comercio, e que serve para…

… apoiar ó pequeno comercio e hostalería de Ares, axudando a dinamizar a vida socioeconómica da localidade.

…construír formas de consumo sustentables que fiquen no noso municipio.

…ter a posibilidade de gañar múltiples premios en compras de proximidade! Ata 500 euros poderán tocarte nalgún dos vales-rascas.

Se queres saber quen participa na campaña deste ano, bota unha ollada aquí embaixo para descubrilo!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado