Xa coñecemos aos gañadores do VI Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares!

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana encheuse onte para entregar os premios do certame fotográfico organizado pola área de Cultura; unha iniciativa que serve para extraer as 6 instantáneas que forman parte do calendario municipal de 2023, presentado no mesmo acto. Así, de entre as aproximadamente 80 instantáneas que optaron ó concurso, o xurado seleccionou…

Na CATEGORÍA A (de 8 a 12 anos)

  • Lis Rodríguez
  • Alejandra Barbado
  • Aila Sánchez

Na CATEGORÍA B (de 13 a 18 anos)

  • Yaiza Leston
  • Ariadna Jarosz
  • Héctor Pereira

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, felicitou aos gañadores/as, pero tamén trasladou os seus parabéns ao resto dos participantes que se animaron a expoñer as paisaxes, espazos e obxectos de Ares que forman parte das súas identidades persoais e da memoria colectiva. Asimesmo, Barrón agradeceu a involucración tanto do xurado, composto por Marcos López Alonso e Yolanda Castro López, coma da comunidade educativa do CPI As Mirandas.

Na propia biblioteca municipal de Ares fican xa a disposición da veciñanza os exemplares do calendario municipal.

Pódeche interesar