Hoxe mesmo, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 6º de primaria recibiron a segunda sesión do obradoiro Control Off, desta volta indagando nas novas masculinidades e na prevención da violencia de xénero

Comparte esta nota de prensa

Coa proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos básicos dunha sociedade máis igualitaria!

Con todo, a semana pasada tamén a rapazada de 4º da ESO mantivo un encontro sobre os diferentes comportamentos asociados á violencia machista dentro da actividade “Hai saída grazas a ti”, baixo as actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Estas dúas actividades, organizadas pola Centro de Información á Muller (CIM) municipal e o centro educativo, póñense en relación coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2022 do próximo venres, 25 de novembro.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,