DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2023
Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a
vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade.
O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das seguintes frases propostas.
A frase que elixades será o comezo do microrrelato.
FRASES
- Facía moito tempo que…
- Chegamos a praia de Estacas…
- Foi aquel o camiño andado…
- O seu nome era Rosalía…
- -Que estraño! -dixo a rapaza avanzando paseniñamente.
BASES
- O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras.
- Deberá levar obrigatoriamente un título.
- O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases. O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
- Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI As Mirandas.
- Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria.
CATEGORÍAS
- Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
- Categoría B: alumnado de ESO
FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS
- Por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com
- Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
- Prazos de entrega : dende o 12 de abril ao 21 de abril, ambos incluídos (hora límite: 19:30 h )
- Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote del libros).
- O xurado estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellería de Cultura.
- O acto de entrega de premios celebrarase o venres 28 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana
O r g a n i z a: C P I A S M I R A N D A S e C O N C E L L O D E A R E S