O Concello de Ares e o CPI As Mirandas lanzan a terceira edición do Concurso de Microrrelatos Escolares.

Comparte esta nota de prensa

A Concellería de Cultura e o colexio municipal de Ares renovaron o seu compromiso de colaborar neste certame literario, que ten como obxectivo principal fomentar a creatividade e a paixón pola escritura entre a xuventude do municipio

Establecéronse dúas categorías, unha para estudantes de primaria (4º, 5º e 6º) e outra para estudantes de ESO. Cada categoría terá un gañador e un finalista, e outorgaranse premios para ambos.

Os nenos e nenas de primaria así como os estudantes de ESO do CPI As Mirandas, xunto coa xuventude empadroada no termo municipal, poderán participar no concurso, enviando ata dous microrrelatos que non superen as 200 palabras cada un. Os microrrelatos deben ter un título e usar unha das frases de inicio especificadas nas bases do concurso.

O prazo para enviar os microrrelatos finaliza o 21 de abril ás 19:30 horas. Os participantes poden enviar os seus traballos por correo electrónico (tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com) ou entregalos persoalmente no colexio ou na biblioteca municipal de Ares. Os premios para o gañador/a de cada categoría inclúen unha tablet ou ebook, mentres que os finalistas recibirán un lote de libros.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de microrrelatos, un xurado seleccionará aos gañadores, e levará a cabo unha cerimonia de entrega de premios o 28 de abril no salón de actos da Alianza Aresana.

BASES en pdf

Pódeche interesar