Mabel Espiñeira presenta “Una cárcel sin barrotes” na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura da localidade vén de anunciar a nova presentación literaria no salón de actos da Alianza Aresana, organizada para este xoves, 30 de xuño, ás 20:00 horas.

Así, a concelleira Alma Barrón e a autora Mabel Espiñeira conversarán arredor de “Una cárcel sin barrotes”, unha obra que afonda nos celos profesionais e a dor a través da conversa que mantén Elena, que acaba de enterrar ao seu marido, coa súa irmá; unha charla para atisbar o que se esconde na realidade, tras as falsas apariencias.

O acto inclúe venta e sinatura de exemplares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local