O alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila

Comparte esta nota de prensa

Este luns, o alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila —e loitando contra a chuvia!— coma fixeran os seus compañeiros de primeiro curso. Repetiron o mesmo percorrido, visitando a taberna-museo Pedrafeita, intimamente relacionada coa memoria local e os procesos da salazón, amais do porto deportivo e pesqueiro. Subiron ao M. Presas para coñecer a embarcación e tiveron a demostración de nós mariñeiros sobre a mesa do barco. Unha boa forma de aprender sobre a relación de Ares co mar!

A saída é parte dos obradoiros de sensibilización inscritos no proxecto «Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Concello de Valdoviño. Ares e Valdoviño no Mar», co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal e GALP GOLFO Artabro NORTE.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación