O Campus Chiquibasquet clausura a súa programación deportiva

Comparte esta nota de prensa

Os rapaces e rapazas viviron hoxe a última sesión formativa e, tamén, o acto que pon o punto e final ó Campus deste verán.

Despois de toda unha semana de sesións para a mellora da práctica do baloncesto, o Campus Chiquibasquet rematou esta mañá a súa actividade no verán de Ares a través do acto de clausura organizado no pavillón polideportivo municipal. A el acudiron os concelleiros José Juan Vilar e Olimpia Marcos, en representación do Concello, e tamén estivo presente Chiqui Barros, promotor do Campus.

Tanto eles coma os monitores fixeron entrega no día de hoxe dos diplomas acreditativos a todos os xogadores e xogadores de entre 5 a 18 anos, preto de 60 nesta edición, que participaron nas xornadas de adestramento e aprendizaxe; un número moi positivo e que reflicte a evolución da iniciativa en Ares dende os seus inicios, 14 anos atrás, ata a actualidade.

O Campus pechouse despois de 5 días onde se conxugaron actividades lúdico-educativas de mellora técnica e táctica distribuídos en grupos en función de idades e niveis de vinculación co baloncesto.

A iniciativa, materializada co esforzo conxunto do Concello, o Campus de Chiqui Barros e a Federación Galega de Baloncesto, contou tamén coa presenza de entrenadores profesionais, coordinados co propio equipo de monitores de Chiqui Barros.

 

Pódeche interesar