O Campus Chiquibasquet clausura a súa sétima edición navideña

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma mañá, o pavillón polideportivo de Ares acolleu o peche do VI Campus Chiquibásquet de Nadal, poñendo punto e final ás tres xornadas que se desenvolveron na mesma instalación deportiva municipal do municipio aresán. Co baloncesto en primeira liña, a iniciativa organizada por Chiqui Barros en colaboración coa Concellaría de Deportes achegou formación a preto de 20 deportistas de diferentes idades (entre 5 a 18 anos) e niveis.

O Campus, coa mesma metodoloxía educativa da súa versión estival, dividiu ós xogadores e xogadoras tendo en conta o seu grao de vinculación co baloncesto e, polo tanto, atendendo ás súas posibilidades de mellora técnica e táctica. Dende exercicios de iniciación aos de perfeccionamento, traballou sobre todo dende a perspectiva lúdica e tomando coma eixo o fomento de valores coma o compañeirismo ou o traballo en equipo.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,