O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sexta ruta do SendAres 2022-2023

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Meirás e a Praia de Ponzos de 19 quilómetros, incluíndo unha parada no alto do Pico da Vela, unha atalaia perfecta para contemplar a paisaxe.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 24 de febreiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros.

A área de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello. Así, mañá, venres 24 de febreiro, abrirase a inscrición telemática do sexto percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas camiñarán a través de tres concellos (Narón, Valdoviño e Ferrol), e achegaranse ata o alto do Pico da Vela ou Campelo, un miradoiro ideal para contemplar dende Punta Frouxeira toda a contorna do Cabo Prior. O percorrido terminará na virxe praia de Ponzos, de area branca e moi frecuentada polos amantes do surf.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 12 de marzo, cunha distancia de 19 quilómetros e unha dificultade media-alta. O prezo, coma no resto de rutas, será de 15 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ó núcleo da vila ás 15:30 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 15:00 horas do 3 de marzo ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,