O Concello amplía as actividades deportivas municipais incluíndo as sesións de baile latino

Comparte esta nota de prensa

9 actividades serán as que se achegarán finalmente á veciñanza para que desfruten do deporte e do movemento despois do verán, pois o Concello vén de engadir á oferta que se publicou a mediados de agosto unha programación máis, desta volta as clases de baile latino, todos os xoves no pavillón polideportivo municipal, de 20:30 a 22:00 horas.

Se estás interesado/a en sumarte a algunha destas actividades, lembra que o proceso de inscrición xa está activo, realizándose de maneira telemática na web www.concellodeares.com, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2022-2023. E se precisas axuda para formalizar a solicitude en liña, podes achegarte á Casa da Xuventude ou á biblioteca municipal de Ares nos seus horarios habituais de apertura.

A maiores, todas estas actividades contan con tres tipoloxías de descontos nas cotas mensuais, co obxectivo de facilitar o acceso á oferta deportiva:

  • Con 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto na cota da actividade de menor importe.
  • Familia numerosa: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto en todas as actividades.
  • Familias carentes de recursos económicos (require solicitude previa, comprobación e informe emitido polos Servizos Sociais municipais): de balde.

TODA A INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES en pdf
triptico_actividades_deportivas_municipais-2022-2023

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://forms.gle/qq2nSt5JSLcvc4Zc8

 

Pódeche interesar