Este evento levarase a cabo o vindeiro luns, 27 de novembro, na Alianza Aresana, con sesións tanto en horario de mañá como de tarde.

A actividade conta cun programa integral que consta de 4 relatorios e 1 mesa redonda, a cargo de profesionais especializados nos ámbitos social e xurídico, con formación específica en igualdade e violencia de xénero.

A inscrición para esta xornada é totalmente gratuíta e realízase a través da plataforma telemática. Anímate a formalizar a súa participación pulsando na seguinte ligazón: https://concellodeares.gal/xornada-contra-a-violencia-de-xenero-concello-de-ares-violencia-de-xenero-e-sistema-educativo/