O Concello informa das normas que Regularán o estacionamento de vehículos no Verán

Comparte esta nota de prensa

16 xuño 2021 12:00

As novas novas, que comezarán a aplicarse a partir do 1 de xullo e se prolongarán ata o 31 de agosto, supoñen aliviar as medidas recollidas na ordenanza do ano pasado, pola evolución positiva da situación sanitaria, co que se ampliarán as zonas de estacionamento libre

Coas normas trátase de establecer un sistema de regulación do tráfico rodado en período estival, coa finalidade de ordenar de maneira segura e racional todas as superficies susceptibles de aparcamento nunha época de intensa ocupación.

As novas normas (aprobadas no Pleno de 31 de maio e publicadas no BOP número 105 do 7 de xuño) supoñen aliviar as medidas recollidas na ordenanza anterior, pola evolución positiva da situación sanitaria, como por exemplo, convertendo en estacionamentos brancos (libres e gratuítos) algúns dos lugares habilitados o pasado verán aos que só se podía acceder mediante reserva previa e pago de taxa.

A regulación establece tres zonas diferenciadas para o estacionamento.

Unha zona azul de uso xeral, de pago e con franxas horarias no aparcadoiro municipal da praia de Chanteiro, aparcadoiro municipal da praia de Seselle, aparcadoiro do Raso e as zonas de aparcamento no casco urbán de Ares.

Unha zona verde, no centro urbano do municipio, de uso exclusivo para vehículos con domicilio fiscal en Ares, vehículos de traballadores e empresarios que desenvolvan a súa actividade no municipio, e os de deportistas federados pertencentes a clubs do municipio.

A zona blanca, que será de uso xeral, gratuíto, e sen restricións horarias en todo o ámbito municipal.

Para a obtención da autorización que identifica os vehículos aos que se lles permitirá estacionar de maneira gratuita nas zonas azuis e de maneira libre nas zonas verdes, no caso dos vehículos con domicilio fiscal en Ares non terán que facer solicitude ningunha, posto que xa se incorporarán á listaxe de vehículos autorizados.

No caso dos traballadores ou deportistas sen abono do IVTM en Ares deberán solicitar nas oficinas municipais unha autorización por matrícula válida polo tempo de duración do contrato ou da ficha federativa.

Na zona azul a taxa oscila entre un euro –dúas horas en horario de mañana ou dúas de tarde, de 11:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 19:00 horas– e os 2,50 euros por aparcar nela durante un día completo.

Os vehículos deberán proverse con antelación do código que lles permita o estacionamento para cada franxa horaria mediante a súa adquisición a través da web que se activará nos próximos días para ese efecto (www.aparcares.com).

Pódeche interesar