A área municipal de Obras e Servizos, a través do seu responsable, José Juan Vilar, vén de informar do inicio este luns das obras de conexión da rede de auga potable na zona do Mazote coas rúas María e Real. Concretamente, o ámbito da actuación afectará á intersección da avenida Federico García Expósito na súa marxe con ambas vías.Vilar explicou que o propósito desta intervención responde a que no punto de entrada ao camiño de Pedrós existe un ramal da tubería xeral desde os depósitos de Catabois, tubería que se pretende aproveitar para dar servizo directo a estas dúas rúas do centro urbano, realizando os traballos necesarios para a conexión e así mellorar o subministro de auga coa presión óptima en toda a área.
O concelleiro detallou que as obras, que contan cun presuposto de 34.804,89 € con cargo a fondos municipais, consistirán na realización de dita conexión mediante a instalación dunha arqueta e un pozo de rexistro, xunto cunha tubería de polietileno de 90 mm de diámetro.
Desde o Concello salientan que durante a realización dos traballos efectuaranse cambios nos sentidos de circulación, que non afectarán significativamente ao tráfico e serán debidamente sinalizados polos operarios da obra e a propia policía local.