O Concello informa da adxudicación das obras de reforma do local con pista de Seselle e a adecuación do aparcadoiro próximo Á Reitoral

Comparte esta nota de prensa

A concellaría de Urbanismo, que dirixe Olimpia Marcos, vén de informar da recente adxudicación de dúas novas obras no municipio: a reforma do local con pista de Seselle e a adecuación do aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil.
En canto á primeira delas, a do proxecto de reforma do local con pista de Seselle, servirá para crear un espazo de uso sociocomunitario, reformándoo e aproveitando a actual estructura para a súa recuperación.

O presuposto de execución ascende aos 290.041,24 euros, que serán postos a disposición polo Instituto Galego de Vivienda e Solo, para que o Concello poida devolvelos en oito anualidades sen ningún tipo de xuros, xa que Ares é un dos 9 concellos de toda Galicia cuxos proxectos resultaron seleccionados para beneficiarse do instrumento de cooperación da Xunta.O proxecto inclúe traballos na fachada e no interior, con pavimento novo para todo o edificio, a dotación de dúas salas de emprego múltiple e baños con ducha, e a mellora do sistema de ventilación e instalacións térmicas, ademais do acondicionamento da pista deportiva anexa, posibilitando un novo uso sociocomuntario de todo o espazo.A concelleira Olimpia Marcos resaltou a importancia desta actuación, que suporá que Seselle poida contar cun espazo de referencia para o recreo da xuventude, as persoas maiores e a veciñanza en xeral.En canto á segunda adxudicación, o proxecto de acondicionamento do aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil e á rúa Reitoral, trátase dunha actuación que suporá un investimento de 59.012,29 euros, repartidos entre os fondos municipais e a Consellería de Turismo da Xunta de Galicia.A obra mellorará o estado xeral da área de estacionamento e da rúa que lle da acceso. No relativo á área de estacionamento, incorporarase losa céspede en cada unha das prazas, colocaranse novas luminarias de tipoloxía LED e instalarase unha unidade de carga de vehículos eléctricos.
Ademais, tal e como informou a concelleira de Urbanismo, no punto de acceso ó aparcadoiro reporase todo o actual aglomerado asfáltico e se executará o cambio na disposición das prazas no acceso pola rúa Reitoral, cambiando as prazas que actualmente están en batería a un estacionamento en liña, de cara a facilitar o tránsito de vehículos.

 

Pódeche interesar