O Concello inicia as obras de pavimentación do camiño de Gaspalleira a Maiobre

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Urbanismo vén de informar do inicio dunha nova obra no termo municipal:  a pavimentación do camiño de Gaspalleira a Maiobre.

Segundo consta no proxecto, o actual pavimentado presenta un  tratamento  de triple rego en mal estado que se verá reparado cun tratamento de aglomerado asfáltico, ademais de ampliar o ancho do camiño nalgunhas zonas, axundando na mellora do tráfico e a comunicación interna entre os núcleos poboacionais que conecta.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou que nestes días inciáronse as tarefas de apertura de cunetas, salientando que esta nova intervención englóbase dentro da planificación de reequilibrio territorial e conservación levada a cabo desde anteriores lexislaturas.

A intervención de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 63.428,83 euros, asumidos entre a liña de axuda proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cunha achega de 39.151 euros, e o propio  Concello de Ares, cunha aportación de 24.277,83 euros.

Pódeche interesar