O proceso para a presentación das declaracións estará activo ata o 30 de xuño.
Para realizar o trámite, existe a posibilidade de facelo nas oficinas do rexistro municipal, de maneira presencial (só particulares) ou través da sede electrónica municipal (tanto particulares como entidades).
A reserva dos nichos e columbarios realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar os elementos a disposición (420 nichos e 504 columbarios). Unha vez cuberta toda a oferta, executarase o acto de adxudicación a través dun sorteo público, tras o cal se procederá a formalizar o abono do prezo público establecido (entre 2.450 euros e 2.650 euros por unidade no caso dos nichos e entre 850 euros e 950 por unidade nos columbarios, sen IVE).
O modelo de declaración atópase nas oficinas do rexistro municipal e tamén publicada na web do Concello. Podes ampliar a información premendo aquí: