O Concello organiza dous cursos presenciais na Casa da Xuventude para aprender informática básica e nocións de ofimática

Comparte esta nota de prensa

Cada un contará con dúas sesións á semana de hora e media de duración, en horarios de mañá ou tarde en función da dispoñibilidade dos inscritos/as.

Os grupos serán de 12 persoas máximo e partirase dun prezo de 21,75 euros para os adultos e 14, 50 euros para os menores. As persoas interesadas xa poden inscribirse presencialmente na Casa da Xuventude, vía telemática, telefónica ou no e-mail aula.informatica@concellodeares.com.

A aula CeMIT converterase nas próximas semanas nun espazo para aprender con tranquilidade cuestións fundamentais dun ordenador, mais tamén dos principais programas informáticos que axudan a escribir, manexar grandes cantidades de datos ou facer presentacións. Esa é a nova proposta municipal, vencellada cos dous últimos cursos que o Concello pon a disposición da súa veciñanza: informática básica e primeiros pasos na ofimática.

Serán dúas formacións impartidas polo persoal técnico do Concello, centralizadas na Casa da Xuventude, e que xa teñen as inscricións abertas para aquelas persoas que desexen entrar en contacto coas novas tecnoloxías. Faranse os luns e xoves e os martes e venres en sesións de 1h. e 30 minutos e con grupos reducidos (máximo 12 persoas). Contarán cun prezo de 21,75 euros para os adultos e 14,50 euros para as crianzas.

No tocante ós contidos, o Curso de informática básica servirá para aprender a manexar un ordenador dende o inicio (como se move un ratón, que hai no escritorio, como navegar por Internet…), entendendo os elementos que o compoñen tanto a nivel de hardware (obxectos físicos) coma de software (o conxunto de programas para realizar tarefas no ordenador).

Atendendo ó Curso de primeiros pasos na ofimática, haberá a posibilidade de coñecer como se emprega un procesador de texto, como facer presentacións atractivas ou mesmo usar follas de cálculo no día a día; ferramentas, todas elas, que axudan a optimizar tarefas e mellorar os procesos de traballo administrativos ou creativos.

Para inscribirse (ou solicitar máis información), pódese acudir presencialmente á Casa da Xuventude, mais tamén contactar co 981 94 95 91, encher un formulario telemático que se atopará na páxina web municipal, www.concellodeares.gal, ou enviar un correo electrónico a aula.informatica@concellodeares.com.

Asímesmo, o persoal técnico-informático tamén está a recibir propostas doutra tipoloxía de cursos de formación nos que a veciñanza teña interese de participar, por se é posible materializalos nos próximos meses.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/WWqeY99fidsmVrHm7

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,