O sábado, 6 de agosto, realizarase o percorrido de “Ares Urbano”, moi asequible pola súa distancia (3-4 quilómetros polo núcleo urbano da vila) e totalmente de balde.
A ruta arrancará ás 10:00 horas no Club de Remo , subindo logo ao miradoiro do Petelo para afondar na fisionomía e organización da vila. Haberá a oportunidade de coñecer máis sobre a industria da salazón e os oficios da pesca que hai en Ares, mais tamén outros elementos que sustentan a identidade do pobo.
As inscricións para esta ruta xestiónanse dende a Oficina de Información Turística municipal, ben presencialmente, ben telefonicamente no 981 468 259. Aproveita e non quedes sen a túa praza!