O espíritu do Nadal tamén se estende pola Biblioteca Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

Dende o 9 de decembro, a biblioteca aresá conta con diferentes iniciativas culturais para celebrar o Nadal, conectando a literatura con estas datas de bos desexos, propósitos de aninovo e moitas historias.

Por iso, calqueira veciño ou veciña que o desexe pode achegarse até as súas instalacións e comprobar o que preparou o seu equipo bibliotecario. E botar, por exemplo, unha ollada á ‘Mesa do Nadal’, unha escolma de libros infanto-xuvenís e para adultos con narracións ambientadas nesta época do ano, dende novelas de John Grisham ás aventuras do Apalpador ou contos moi invernais.

E despois diso, tamén se pode desfrutar e inmortalizar o momento da lectura no photocall tematizado que está dispoñible ata o martes, 7 de xaneiro.  A estas dúas iniciativas sumóuselle a Campaña de Libros x Alimentos no Nadal, que adiantou a súa data de remate por motivos loxísticos a onte mesmo, 17 de decembro, mais permitiu á veciñanza intercambiar alimentos non perecedoiros por libros de segunda man, axudando co seu xesto a Cáritas de Ares.

Unha biblioteca en movemento para celebrar o Nadal!

 

Pódeche interesar