Ao acto, ademais dos condecorados e o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, tamén asistiu o concelleiro de Seguridade, José Juan Vilar, e a Secretaria da Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), Oliva García Trasancos.
Estas foron as mencións entregadas:
- CARMÉN LÓPEZ FERNÁNDEZ – 20 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo vermello
- DOLORES CASTRILLÓN VÁZQUEZ – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo vermello
- MARCIAL DÍAZ GONZÁLEZ – 30 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Encomenda de ouro á Constancia e Gran Cruz da Constancia
- CARLOS RIVERA LÓPEZ – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Gran Cruz da Constancia e Categoría de Prata con distintivo azul
- JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO – 15 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Prata con distintivo azul e medalla de recoñecemento pola covid-19 con distintivo laranxa.
Parabéns a todos eles pola súa labor e entrega coma voluntarios/as!