O M. Presas continúa coas súas rutas marítimas ata o 15 de outubro!

Comparte esta nota de prensa

Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares ou descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Unha oportunidade incluso para afondar na mitoloxía local, navegando moi preto das increíbles Illas das Mirandas.

Lembra que estes itinerarios teñen unha duración de hora e media (90 minutos) e están dispoñibles de mañá ou de tarde. O M. Presas navegará de 11:00 a 12:30 horas; de 12:30 a 14:00; de 17:00 a 18:30 e, finalmente, de 18:30 a 20:00.

Se estás interesado/a en embarcarte nunha experiencia plenamente mariñeira, amplía información e reserva a túa praza nos teléfonos 609 224 223 e 981 468 259 ou acudindo á Oficina de Información Turística (OIT) municipal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local