Neste inicio de novembro, o andar superior da Casa da Xuventude acolleu o inicio de ACTÍVATE + 70, o programa destinado ás persoas maiores para que incorporen un estilo de vida saudable a través de diferentes actividades deportivas adaptadas á súa condición física.
Esta iniciativa do Concello encheu a totalidade das 24 prazas, distribuíndose en dous grupos guiados polo educador físico e psicológo Jose Antonio Barcia Tucceli. Con el da man, dende este mes e até xuño realizarán exercicios de coordinación e consciencia respiratoria, sesións centradas na mellora da velocidade de reacción ou da forza, mindfulness básico para reducir o estrés… unha planificación completa baixo unha perspectiva que interconecta corpo e mente.
De feito, ACTÍVATE + 70 vencéllase directamente co Plan de Acción Mundial sobre a Actvidade Física que propón a Organización Mundial da Saúde (OMS) no ciclo 2018-2030, unha estratexia que insta ás institucións públicas a construír unha sociedade máis activa promovendo o coñecemento e comprensión dos múltiples beneficios da actividade física diaria en todos os rangos de idade.