O programa de “Medias Mañás Saudables” arranca no CPI As Mirandas para incentivar unha alimentación equilibrada e de calidade

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa, dirixida pola Concellaría de Igualdade e Benestar, repartirá varias racións de froita entre o alumnado do centro público dende hoxe, 17 de outubro, ata o 28 deste mes.

Preto de 476 rapaces e rapazas das tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria) dispoñibles no CPI As Mirandas poderán sumarse dende hoxe ás “Medias Mañás Saudables” de Ares.

Esta iniciativa, que está impulsada pola Concellaría de Igualdade e Benestar co apoio económico da Rede Española de Cidades Saudables (da que forma parte o municipio aresán), achegará nos próximos 10 días diferentes pezas de froita ao alumnado, favorecendo así unha alimentación equilibrada.

O foco do programa sitúase na poboación escolar do concello precisamente para que poida ter maiores alternativas á hora de consumo froita durante os seus recreos. Detrás da distribución e reparto dos alimentos está, tamén, o desexo de axudar a establecer bos hábitos nutricionais nunhas franxas de idade que están no camiño de consolidalos no seu día a día.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,