O sábado pasado quedou inaugurada a exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”, un conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972.

Comparte esta nota de prensa

Á inauguración oficial acudiron representantes municipais, xunto cos organizadores e algún dos protagonistas, para falar sobre a importancia do proxecto; unha mostra que debulla a loita polos dereitos democráticos e sindicais que contribuíron á chegada da democracia en España.

A exposición permanecerá xusto diante da casa consistorial ata o 24 de novembro e está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuxo Bucán e Memoria Histórica Democrática

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local