O vindeiro luns, 27 de novembro, poderás achegarte a unha perspectiva integral sobre a violencia de xénero e a súa relación co sistema educativo.

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro luns, 27 de novembro, poderás achegarte a unha perspectiva integral sobre a violencia de xénero e a súa relación co sistema educativo. Este evento, organizado polo Concello, levarase a cabo nas instalacións da Alianza Aresana, tanto en horario de mañá como de tarde. A xornada incluirá 4 conferencias e 1 espazo de diálogo, explorando as diversas facetas desta problemática desde enfoques psicolóxicos, xurídicos e sociais.

A participación é gratuíta, pero é indispensable realizar unha inscrición previa a través da plataforma telemática: https://concellodeares.gal/xornada-contra-a-violencia-de-xenero-concello-de-ares-violencia-de-xenero-e-sistema-educativo/

Aproveita estes días para formalizar a túa inscrición e asegurar a túa praza!

Programación da xornada: https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2023/11/Diptico-xornadas-violencia-xenero-Ares-2023.pdf

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación