Regulamento do Punto Limpo de Vilar do Colo

Comparte esta nota de prensa

Coa posta en marcha neste mes de xaneiro do Punto Limpo de Vilar do Colo (Rúa Leme, S/N) que comparten Ares, Cabanas e Fene, o Concello aresán contribúe á difusión das principais normas que regulan esta infraestrutura medioambiental, tendo como referencia o Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 26 de decembro de 2018 no que se aprobou o regulamento definitivo de funcionamento do Punto Limpo.

 

Quen pode empregar o Punto Limpo?

Considéranse persoas usuarias do servizo ás residentes nalgún dos concellos de Ares, Cabanas e Fene, tendo tal condición os empadroados/as, os titulares catastrais e os arrendatarios.

Así, cando a persoa usuaria chegue ao Punto Limpo, deberá identificarse debidamente mediante a presentación do Documento Nacional de Identidade (DNI), acompañándoo se fose necesario doutra documentación adicional que xustifique a súa condición, ao encargado/a do centro.

 

Residuos admisibles e non admisibles

Os residuos que se depositen deben estar perfectamente separados, nunca mesturados, e só se admitirán aqueles que procedan da cidadanía, excluíndo así aos grandes xeradores de refugallo e os usos industriais.

Entre os tipos de residuos admisibles consta a madeira, os entullos de obra (ata un máximo de 80 kg por usuario/ano), enseres voluminosos como colchóns, sofás ou mobles, baterías, textil, pneumáticos (ata máximo 4 unidades) ou restos de xardinaría (céspede, setos ou podas domésticas de pouco tamaño).

É fundamental que a veciñanza preste atención á forma na que se deben entregar certos refugallos, como acontece coa terra e os cascallos, os entullos de obra ou as podas (en ambos casos deberán entregarse en sacos ou bolsas pechados de máximo 25 kgs).

No tocante aos residuos non admisibles, o Punto Limpo non recollerá materia orgánica, medicamentos e os seus envases, residuos agrícolas-gandeiros ou vencellados con industrias e grandes e medianas empresas, materiais sen clasificarrestos biolóxicos ou calqueira outra tipoloxía de refugallo que non conste na listaxe de admisibles por parte do centro de reciclaxe.

 

Horario de atención

Dende o pasado 20 de xaneiro, o Punto Limpo de Vilar do Colo está aberto á veciñanza de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados pola mañá de 10:00 a 14:00 horas.

Consulta todo o regulamento do Punto Limpo, incluída a relación completa de residuos admitidos e non-admitidos, na seguinte ligazón: BOP-Regulamento definitivo Punto Limpo Vilar do Colo

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A vila despide o MercAres 2024-2025

Esta semana remata a quinta campaña de consumo de proximidade que promoveu a Concellaría de Comercio, o MercAres, no termo municipal. A localidade despedirá a