Rematou febreiro, e co peche de cada mes tamén vén asociada unha nova xuntanza do club de lectura municipal.

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma mañá, a Alianza Aresana acolleu a sesión para comentar a última obra lida: ‘No todo el mundo’ (Sexto Piso, 2023) de Marta Jiménez Serrano, un conxunto de relatos que abordan as relación de parella adultas.

O libro de Jiménez Serrano debulla o amor e o desamor a partes iguais, sempre nunha contorna esencialmente urbana e cun abano de historias que innovan no punto de vista, xogando coas estruturas dos relatos de tal maneira que constrúe unha dobre narración, xusto igual que as dúas partes que integran toda parella.

Unha obra para pensar e replantear a nosa maneira de construír o amor no século XXI!

Pódeche interesar

Notas de prensa

O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron