Se estás interesado/a no programa de Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia, a experiencia de ocio e saúde destinada ós maiores galegos, o Departamento de Servizos Sociais municipal pode botarche unha man na súa tramitación

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Achégate ata a Praza da Constitución, onde está o edificio de Servizos Sociais, ou contacta vía telefónica co 981 448 354 para solventar as túas dúbidas á hora de solicitala!

Este programa de Benestar en Balnearios permite contar con estancias de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) nun dos 15 balnearios de Galicia inscritos na iniciativa. As estancias dos participantes distribúense en varias quendas entre novembro e decembro deste 2022.

Segundo a información da convocatoria, está destinado a persoas maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e o seu prazo de inscrición estará aberto ata o luns, 24 de outubro, incluído.

Consulta toda a información en https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/planes-y-programas/programa-benestar-en-balnearios.

Pódeche interesar