SENDAres 2023-2024

Comparte este evento

FORMULARIO DE INSCRICIÓN RUTA 9: Costa da Morte: Laxe – Arou – https://forms.gle/TPSyqpjWWWz6MVLZ7

APRETURA DE PRAZO DE INSCRICIÓN:

  • Empadroados/as: do 30 de abril ao 43de maio, ambas ás 18:00 h.
  • Non empadroados/as: do 3 de maio ás 18:00 h. en adiante.
NORMATIVA DO PROGRAMA
  • Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da nosa contorna dende unha percepción activa.
  • Está dirixido a calquera persoa maios de 12 anos. No caso de menores de idade, deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
  • As inscricións realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos. Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda que se empregará no caso de que houbera baizas.
  • Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2023; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio.
  • Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta ten un prezo distinto no que se incluirá servizos de guía, seguros e transporte.
  • Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Por norma xera, partirase da Praza da Igrexa de Ares. Nas viaxes será obrigatorio empregar a máscara de hixiene sanitaria.
  • Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal, amais do calzado e da roupa adecuada á práctica deportiva.

PROGRAMA SENDAres 2023-2024 en pdf

 

 

Pódeche interesar...