DOMINGO 12 DE XUÑO: “CIRCULAR DO Río Sor”

“ Ruta que discorre polas marxes do Río Sor, que posúe unha grande biodiversidade e unha paisaxe de grande beleza. Ao longo do percorrido descubriremos, muíños, e ata telesillas mecánicas que permitían noutros tempos atravesar o río, onde o centro Ictiogénico de Ulló (antigua central reconvertida)”.

Ruta de 14 Km Desnivel + 340 Desnivel – 340. DIFICULTADE FÁCIL. HORA SAÍDA EN BUS: 8H. Alianza Aresana. HORA CHEGADA: 15H. Praza da Igrexa de Ares.
Inscricións: Ata as 23:59 do día 5 de xuño. Na web municipal:[url= www.concellodeares.com] www.concellodeares.com[/url]. Límite de 25 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 15 €.

• NORMATIVA DO PROGRAMA:

o O programa de sendeirismo ten coma uns dos seus principais obxetivos, o de propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio natural, as formas de vida saudabeis e o coñecemento do noso entorno dende unha perspectiva activa.
o Está dirixido para calquera persoa maior de 12 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable o que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
o As inscricións na forma e nos prazos establecidos pola Organización. Do mesmo xeito, unha vez rematado o prazo elaborarase un listado de participantes así como unha lista de garda, que será empregada no caso de que houbera baixas. Para formalizar cada inscrición é preciso acceder á web do concello de Ares, en www.concellodeares.com, e premer en Sendares 2022, desta forma poderemos inscribirnos e enviar dita solicitude de participación. Lembramos que as solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición que será logo empregada para confeccionar os listados de cada ruta.
o Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento.
o Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando a puntos establecidos previamente en cada ruta e que por norma xeral terá lugar dende as inmediacións da Alianza Aresana na Praza da Igrexa de Ares. No caso das viaxes sempre farase portando a mascarilla.
o Cada participante deberá levar a súa mochila cos uteis necesarios para a rota, sen esquecer o seu avituallamento persoal. Igualmente faise necesario dispor de calzado e roupa adecuada.
o No caso de sentirse mal ou ter febre non asistir ás actividades e comunicalo ao mail/ whatsapp da Organización.

– FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

https://forms.gle/GKYcHrAz8yKoqUmb7