Sofía Puente, terapeuta ocupacional e responsable da Área Sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS), achegouse onte ó salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar da man da veciñanza sobre as circunstancias que rodean unha xubilación de calidade.

Comparte esta nota de prensa

Cando un se xubila, como procurar un propósito? Como afrontar un envellecemento saudable ou mesmo xestionar o impacto dun cambio de rol coma o que se produce na xubilación? Foron algunhas das preguntas sobre as que se estruturou a charla, unha actividade que se inscribe no marco da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello composta por 6 ponencias divulgativas arredor da saúde e o benestar das persoas maiores, as crianzas e as mulleres.

A próxima sesión de AresXSalud realizarase xa a mediados de marzo, e porá o foco na muller e os seus ciclos hormonais ao longo da vida.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de