Súmate ó segundo curso da Academia do Mar, a iniciativa de divulgación e formación ó tecido hostaleiro dentro da proposta de Ares Ultramarino.

Comparte esta nota de prensa

  Como facer unha boa folla de cálculo para saber os costes dos nosos menús? Podemos aproveitar ao máximo os peixes, tendo en conta as súas mermas? Como sabemos o prezo que podemos establecer para cada prato, xunto cos ingresos que nos reportan?

Se queres aprender a contestar profesionalmente a estas cuestións, súmate este mércores ó segundo curso da Academia do Mar, a iniciativa de divulgación e formación ó tecido hostaleiro dentro da proposta de Ares Ultramarino.

Miguel Silvarredonda, docente de contrastado prestixio, impartirá o obradoiro gratuíto de “Escandallo e optimización de menús” na Alianza Aresana dende as 17:30 horas, unha oportunidade única para aprender e mellorar no cálculo e axuste dos prezos dos pratos!

 

As persoas interesadas aínda poden inscribirse vía telemática na páxina web municipal -no apartado dedicado á Academia do Mar-, no número de teléfono 618 004 110 ou no correo electrónico  academiadeturismo@sihaho.com.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local