ALÉN - CONCELLO DE ARES

Podes remitir o teu texto ata o 10 de maio á seguinte dirección:

Rexistro Xeral, Concello de Ares, Área de Cultura. Avenida Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 (Ares, A Coruña).

A Concellaría de Cultura lembra que cada participante pode presentar un orixinal inédito onde se fale do proceso migratorio galego alén do mar, aínda que tamén pode tratar de calquera outro lugar do mundo. De feito, non é necesario que a emigración sexa o tema central da novela, pero si debe formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes.

As obras deberán contar cunha extensión que oscile entre os 80.000 e 140.000 caracteres con espazos.

Presentaranse tres copias impresas, mecanografadas a unha soa cara e con letra Times New Roman, tamaño 12, sen firma nin elementos identificativos. Deberán incluír o título e o pseudónimo do autor/a para garantir o anonimato. Ademais das copias físicas, é necesario enviar un CD ou pen drive co arquivo dixital en formato OpenOffice, Word ou outro similar.

O Premio Novela Curta Alén Concello de Ares está dotado cun galardón de 2.000 euros e a publicación da obra no catálogo de Hércules de Ediciones. O fallo do xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio cultural, realizarase durante o mes de xuño de 2024.

CONSULTA AS BASES COMPLETAS: SEGUNDO EDICIÓN DO PREMIO NOVELA CURTA ALÉN CONCELLO DE ARES 2023 –