Últimos días para acudir á exposición “Nós somos elas”

Comparte esta nota de prensa

Se estás interesado/a en botar unha ollada ás 24 fotografías que compoñen a mostra “Nós somos elas”, lembra que estará dispoñible nas instalacións da Alianza Aresana ata o 25 de setembro!

Achégate ata alí nun horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para ver como as imaxes do Arquivo Fotográfico Vidal e os textos creados por autoras contemporánes coma Berta Dávila, Mercedes Queixas ou Ana Romaní visibilizan o papel da muller durante o século pasado.

A exposición materializouse na localidade grazas á colaboración da Concellaría de Igualdade e Benestar e a Deputación da Coruña, que a cede.

Pódeche interesar

Avisos

Ares contra o Cancro 2025

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose