Un centenar de nenos e nenas súmanse ó Concurso de Castelos de Area municipal

Comparte esta nota de prensa

A vixésimo segunda edición desta iniciativa volveu á praia do Xuncal despois da interrupción por mor da pandemia.

Preparados coas palas, os cubos e a compañía dos monitores e monitoras, a mocidade da vila achegouse ata a praia do Xuncal para participar no XXII Concurso de Castelos de Area promovido pola Concellaría de Cultura e recuperado tras a pandemia.

Así, preto de 100 de nenos e nenas encheron as parcelas que se lles asignaron e prepararon a súa creatividade para construír os seus castelos con todo elemento natural que atopasen no areal, dende algas a conchas ou paus.

Tras cerca dunha hora confeccionando as construcións de area, a vixésimo segunda edición do concurso saldouse cos seguintes gañadores, divididos en función de idades:

  • CATEGORÍA MENORES 6 ANOS: Carla Roca e Ian Díaz
  • CATEGORÍA DE 7 A 11 ANOS: Antón Vilasánchez, Xoel Carballo e Óliver J. Coyne
  • CATEGORÍA DE 12 A 17 ANOS: Antón Roel, Sergio Gil e Óscar Fernández
  • CATEGORÍA FAMILIAR: Maya Moldes e Susana Teijeiro

O xurado que determinou os gañadores estivo composto por Luisa Sánchez-Andrade, Antonio Sánchez-Andrade e Alejandra Pérez Brey, persoas escollidas aleatoriamente e alleas ó concurso e ós seus participantes.

Ao acto de entrega dos diplomas e medallas acudiu, coma representante municipal, a concelleira Lucía Blanco.

Pódeche interesar