Uns valentes aventureir@s, coas súas lanternas en man, enfrontáronse ás arañeiras e á escuridade e exploraron a Alianza Aresana!

Comparte esta nota de prensa

O edificio no que se atopa a biblioteca municipal de Ares transformouse nun lugar algo máis escuro do normal para acoller o buscapistas terrorífico do Samaín, unha iniciativa inscrita dentro da programación cultural do Concello para estes días.

Tanto nenos e nenas de 3 a 6 anos coma os de 7 a 11 percorreron a Alianza Aresana na procura de pistas. Tamén hoxe se achegarán a un contacontos tematizado do Samaín e, xa mañá, toda a familia poderá desfrutar das súas castañas asadas, inchables, concursos de cabazas…

Lembra que esta festa se organizará na Praza da Constitución (17:00 horas) ou, se a climatoloxía non acompaña, na pista cuberta do CPI As Mirandas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.