Xornadas dos “Encontros interescolares de baloncesto”

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

As sesións contaron coa participación do alumnado das escolas municipais de baloncesto de Ares e do Concello de Fene.

Tras un primeiro partido amigable que se xogou o 6 de maio no pavillón da Xunqueira de San Valentín, o pasado xoves disputouse o encontro de volta no pavillón polideportivo municipal de Ares.

A iniciativa, promovida polas concellarías de Deportes de Ares e Fene, que persegue combinar a práctica deportiva e recreativa, ademais de potenciar as relacións de convivencia, saldouse cunha destacada actuación dos equipos e un ambiente do máis positivo entre a rapazada!

Pódeche interesar