XXII CONCURSO DE CASTELOS NA AREA

Comparte este evento

11 de agosto do 2022
NA PRAIA DO XUNCAL

  1. Establécese a posibilidade de participar de xeito individual ou en grupos de non máis de 3 persoas. Cando se opte pola modalidade en grupo, os membros do mesmo deben pertencer todos a mesma categoría de idade establecida (agás na familiar).
  2. As categorías son:
    – Menores de 6 anos
    – Entre 7 e 11 anos
    – Entre 12 e 17 anos
    – Familiar
    A idade para participar nas diferentes categorías será a correspondente á que se trate na data do concurso.
  3. O prazo de inscrición será dende o mércores 3 de agosto ao luns 8 de agosto (ambos incluídos), na Alianza Aresana en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse no número de teléfono 981448057.
  4. Haberá un único premio para cada unha das categorías, podendo o xurado establecer algún accésit se así o considerase no momento.
  5.  O xurado estará composto por tres persoas asistentes e non participantes escollidas ao chou ese mesmo día.
  6. Nos diferentes espazos habilitados para a realización dos castelos de cada un dos participantes, non poderá atoparse ningunha persoa allea ó concurso, podendo o xurado declarar nula a obra por dito motivo.
  7. Todo imprevisto nese regulamente resolverase segundo a decisión da organización. O feito de participar, implica a aceptación destas normas.
  8. Lembramos a necesidade de uso de crema e gorra.

ORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA

Pódeche interesar...

Eventos

FESTAS DA MERCÉ – CHANTEIRO 2026

Xoves 24 de setembro Misas ás 9:30, 10:30 e 11:30. Misa solemne ás 12:30 cantada polo “Coro Parroquial de Ares”. A continuación, procesión coa Banda

Eventos

V SETEMBRO ROCK 2026

Data: 05/09/2026 Hora: 21:00 h Lugar: Pista polideportiva do CIRS de Cervás (Baixo carpa) Actuacións Neno Asqueroso Cortem No Hay Tregua Perros de Kaza Outros