Pois ollo, porque o sábado 31 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, a Concellaría de Deportes programa a actividade de “ZumbAres” para deixar atrás o 2022 con movemento e diversión!
Así, a Praza da Constitución acollerá unha sesión de zumba para todas as idades. Se a climatoloxía non acompañase, realizarase no pavillón polideportivo municipal nese mesmo horario.
ZumbAres require de inscrición previa na Alianza Aresana ou no teléfono 981 448 057 ata as 13:00 horas do 29 de decembro. Non quedes sen a túa praza e dá a benvida a 2023 con deporte e algunhas risas!