A área municipal de Cultura programa a súa actuación para este venres, 30 de decembro, ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.
A cultura portuguesa ten tamén o seu oco na programación de Nadal que organiza o Concello durante decembro e a primeira semana de xaneiro. Desta volta, estará representada a través do concerto de Mar de Fado, catro artistas lusos apaixonados dun dos cantos máis internacionais de Portugal. Así, o salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta particular actuación ao longo da tarde do venres, 30 de decembro (20:00 horas).
Marlene Rodriguez á voz, Rui Beirao á guitarra portuguesa, Dario Rocha na viola e Alex Marques no baixo encargaranse de proporcionar momentos de misterio, nostalxia e encanto tocando temas que son parte “da alma portuguesa”, como eles mesmos din, seguindo a estrutura típica do propio fado. Tamén será un concerto para lembrar grandes nomes da tradición musical do seu país.
Anímate e despide o ano con música e cultura!