Se non tiñas plan para mañá, sábado 18, e o domingo, 19, lembra que comeza a segunda edición do concurso que promove a Concellaría de Comercio en colaboración con 11 establecementos do municipio. Unha iniciativa para gozar da gastronomía aresá e, sobre todo, incentivar o consumo durante este mes de marzo.
Así que aproveita, colle a cartilla que atoparás nos locais de hostalería adheridos e percorre Ares para puntuar as tres mellores propostas de tapa! En xogo están, para os clientes, 6 vales de 100 euros cada un para investir no comercio da vila e unha estancia con noite incluída nas Bodegas Valdelana, en El Ciego (Álava).
Colaboran: Bodegas & Vinos Ares, Coca Cola e Bodegas Valdelana.